De Vacas protagonizará a actuación estelar da Batalla de Casaldeirigo

O cuarteto formado polas vocalistas Paula Romero, Inés Salvado e Faia Díaz e que completa o guitarrista Guillermo Fernández, actuará no palco de pedra tradicional emprazado no adro da Capela da Saúde


Sábado 26 • 20.00 horas • O grupo De Vacas protagonizará a actuación musical estelar da Recreación da Batalla de Casaldeirigo, que se celebra o vindeiro 26 de maio. O cuarteto formado polas vocalistas Paula Romero, Inés Salvado e Faia Díaz e que completa o guitarrista Guillermo Fernández, actuará ás 20 horas no palco de pedra tradicional emprazado no adro da Capela da Saúde, co seu repertorio divertido e versións cheas de retranca que son o seu sinal de identidade.

 De Vacas acadou o éxito «transformando» cancións de éxito e estrofas cantaruxadas por todos, dende as Spice Girls a «El taxi» ou ao «Gangnam Style». Pero, sen dúbida alcanzaron o clímax co videoclip do «Amodiño», a súa particular versión do «Despacito» de Luis Fonsi, que se converteu nun fenómeno viral.

Veñen de facer una xira de 120 concertos por toda a xeografía galega, enchendo prazas e teatros, actuando en verbenas e grandes festivais e facendo bandas sonoras para programas de televisión e radio e músicas para anuncios publicitarios. Non só iso, senón que gañaron os Premios Martín Codax da Música en 2016, puxeron voz ao himno do Festival de Cans e a Real Academia Galega encargoulles a creación dun tema homenaxe a Emilia Pardo Bazán. Na cúspide do seu éxito, De Vacas chegan a Valga.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos
Comentarios

De Vacas protagonizará a actuación estelar da Batalla de Casaldeirigo