O Xuven só aceptaría a repesca na LEB Prata se a Liga se abarata

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

MARTINA MISER

BaloncestoDesde o club tamén falan da aparición dun patrocinador como condición indispensable

27 abr 2018 . Actualizado a las 13:24 h.

«En estos momentos somos equipos de EBA». A frase do presidente do Club Xuventude Baloncesto, Toño Lema, elévase en condicional. E é que o estudo por parte da Federación Española de Baloncesto, confirmado polo propio Lema, da ampliación da LEB Plata a vindeira tempada debuxa a posibilidade de aferrarse a unha categoría na que o club cambadés perdeu cinco anos despois os seus dereitos deportivos tras pechar o pasado sábado a súa fase regular cuarto pola cola da clasificación. Pero se o mandatario salienta que, máis aló do balance de vitorias-derrotas, «el Xuven no debería descender este año, porque es injusto que en una Liga de 16 descienda el 25 % de los equipos participantes», o certo é que as condicións que a directiva da propia entidade arousá se impón para aceptar unha hipotética invitación da FEB á vindeira LEB Prata afastan o primeiro equipo amarelo da mesma.

O primeiro que pon en dúbida Toño Lema é que a reforma da categoría da que se está a falar na Federación se vaia aplicar a vindeira tempada. Pero no caso de que fora así, «si la Liga va a seguir con los mismos gastos, diremos que no». E é que esta foi «una Liga que se nos hizo tan larga, tan larga...». Non só pola dramática traxectoria deportiva, que tamén, senón sobre todo, polo capítulo económico. Ata o punto de que «para la directiva esta Liga no ha terminado todavía. Mi siguiente objetivo es liquidar el último mes a los jugadores», confesa Lema.

Os plans da FEB pasarían por elevar de 16 a 24 o número de equipos da LEB Prata, divididos en dúas conferencias. Lema sinala que facelo en Leste-Oeste resultaría máis beneficioso para o Xuven a nivel de aforro que en Norte-Sur, evitando varios desprazamentos a Cataluña e Levante.

Á necesidade do abaratamento da Liga, o director deportivo do club cambadés, Manu Felpeto, engadíu un segundo condicionante sine qua non o Xuven aceptaría unha hipotética invitación federativa para continuar nunha reformada LEB Prata: «Se non hai patrocinador, non saímos en LEB Prata. Non se pode saír en LEB Prata sen patrocinador. Sen el non hai estabilidade. Vaia ben o equipo como a tempada anterior, como mal coma esta», salienta Felpeto.

Preguntado pola súa valoración deportiva da traxectoria do Xuven de Chiqui Barros, Toño Lema declara que «los chavales no se merecieron tampoco el descenso, por todo el esfuezo que han hecho. Tuvimos mala suerte con los fichajes, y eso nos lastró. Competimos en todos los partidos de la Liga, excepto en dos».

O único pero que se extrae das palabras do presidente do Xuven foi o feito de que «se hicieron dos fichajes, sobre todo el de Milos -Andrejevic, fichado para sete partidos, e que Chiqui deixou sen xogar as tres últimas xornadas- que non entraron en juego, y que nos los podíamos haber evitado» para non tensionar as baleiras arcas amarelas.