Veloso e Sánchez inician a Vuelta a Castilla y León

O vilagarcián chega nun grande estado, sexto na Klásika de Amorebieta


vilagarcía / la voz

O calendario do vilagarcián Gustavo César Veloso e do cambadés Ángel Sánchez conflúe desde hoxe e ata o domingo nunha das citas con nome propio no ciclismo peninsular, a Vuelta Ciclista a Castilla y León. Unha cita con 18 equipos, coas dúas escadras referentes no panorama español, o Movistar Team e o Caja Rura-Seguros RGA encabezando un listado no que tamén figuran o Euskadi Basque Country-Murias, o Burgos BH e o Team Euskadi.

Portugal é o segundo país con maior presenza na rolda, co Efapel, co Sporting Tavira, co Liberty Seguros Carglass e co W52-F.C. Porto de Veloso e de Sánchez, o primeiro atopándose no pelotón con Delio Fernández, o seu antigo lugartenente de luxo e desde hai tres tempadas nas filas dun Delko Marseille Provence KTM no que se converteu en referente nas grandes clásicas do calendario profesional europeo.

A etapa de hoxe, 182,4 quilómetros entre Alba de Tormes e Salamanca, dará paso mañá a unha xornada entre Valladolid e Palencia (178,3 quilómetros), para rematar o domingo con saída en Segovia e chegada final a Ávila (165,6).

Nas últimas dúas semanas Veloso volveu dar mostras do seu acerto no cambio de preparación o pasado inverno. Cun sexto posto o día 8 nunha Klasika Primavera de Amorebieta dominada polo Movistar, que levou o triunfo da man de Andrey Amador con Alejandro Valverde ao seu carón e, a tan só 10 segundos, un grupo de cinco corredores nos que aparecía o vilagarcián. E a semana pasada, no Grande Prémio Internacional Beiras e Serra da Estrela, figurando os tres días da rolda portuguesa nos postos dianteiros, nunha carreira que se decidíu polas bonificacións, con Veloso rematando decimoterceiro da xeral a 32 segundos do ruso do Lokosphinx Dimitrii Strakhov, compañeiro na grupeta coa que chegara á meta de Amorebieta. «Creo que estou para rodar adiante. Agora o que manda é a estrada», declaraba onte Gustavo César.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Veloso e Sánchez inician a Vuelta a Castilla y León