Mecos é segundo na Regata da Lanzada, e Vilaxoán marca territorio nos bateis

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

MONICA IRAGO

Intensa fin de semana a vivido polo remo o pasado sábado e domingo

11 abr 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Intensa fin de semana a vivido polo remo o pasado sábado e domingo. Coas dúas últimas probas de rodaxe da frota de bateis antes do Campionato Territorial Sur desta vindeira fin de semana no porto de Vilaxoán, e coa décimo cuarta edición da Regata Contrarreloxo de Traíñas da Lanzada.

Esta última disputouse na mañá do domingo, con dezaseis embarcacións presentes e un incontestable triunfo da traíña de Cabo de Cruz. Cun crono de 21 minutos, 23 segundos e 73 centésimas, a tripulación barbanzana non atopou rival, co C.R. Mecos-Mondariz marcando o segundo mellor tempo, empregando 42 segundos máis (22.05,85). A traíña de Tirán-Pereira, xunto con Cabo de Cruz -os dous equipos galegos na vindeira edición da Liga ACT-, completou o podio na Lanzada en 22.08,99, 3 segundos máis có barco anfitrión.

Polo que respecta aos bateis, a pasada fin de semana non fixo máis ca confirmar o papel de favoritas da maioría das tripulacións do C.R. Vilaxoán para o Territorial. O sábado, na XXXII Bandeira Concello de Redondela de Chapela, o equipo vilagarcián gañou nas dúas categorías alevíns, e na xuvenil feminina, ademais de concluír segundo na absoluta feminina tras o C.R. Mecos e na xuvenil masculina, e obter un terceiro posto na cadete. O Mecos venceu en infantís, co Amegrove xusto por detrás.

O domingo, tamén en Chapela na Bandeira do Porvir-Memorial Obdulio Iglesias, os bateis do Vilaxoán repetiron vitoria en alevín e xuvenil feminina, sumando tamén o triunfo na xuvenil masculina, con segundas prazas en promesas, absoluta feminina -por detrás de Mecos-, alevín masculina e cadete. Amegrove gañou en infantil por diante do Mecos.