Tania Álvarez gaña a cuarta A Lanzada Ocean Race

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

Cedida por Miguel Castro

A proba víu tamén o triunfo do meisino Iago Monteagudo con Jacobo García na modalidade de SS2

12 dic 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Marcado acento arousán o escoitado o pasado sábado na cerimonia de entrega de trofeos da IV A Lanzada Ocean Race, a proba de surfski en modalidades individual, dobre e OC1, organizada polo Surfski Center Sipre do Náutico de Portonovo.

Cun percorrido de 17 quilómetros con saída na Praia da Lanzada e chegada á de Baltar, a padexeira do Breogán do Grove Tania Álvarez impúxose na modalidade raíña feminina, a SS1, co asturiano e tres veces campión do mundo Walter Bouzán facendo o propio no cadro masculino cun crono de 1.16.32. Ademais, o meisino Iago Monteagudo foi xunto ao pontevedrés Jacobo García o mellor SS2, cos cambadeses Fernando Estévez e Juan Suárez terceiros. E en SS2 Mixto, a vitoria foi para Carlos Besada e para Araceli Menduíña.