A adega Paco & Lola conmemora os seus dez primeiros anos de vida

Consello reitor da cooperativa Vitivinícola Arousana

AROUSA

Emilio Moldes

Socios e autoridades participaron no xantar anual da cooperativa

26 nov 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Amence na adega, estes días de verán prolongado, iluminada cos primeiros raios de sol, raios que levan asombrándonos a meirande parte dos días dende aquel setembro do ano 2007 no que se inauguraron unhas instalacións inacabadas da mellor forma posible: coa realización da vendima. Días aqueles cargados de ilusión, paixón e optimismo. Días de bocadillo e noites de sono recortado. Días de probas e de postas en marcha dunhas instalacións que albergarían toda unha tecnoloxía que nos permitiría poñer a innovación ao servizo da tradición.

Agradecementos

Neste día, a adega Paco & Lola rende homenaxe e recoñecemento ás persoas que no seu día converteron a necesidade nun soño e un soño nunha realidade. Grazas a Manuel Ángel Dopazo e a Manuel Fernández por ser quen de plantar unha semente nun par de ducias de socios. Grazas aos consellos reitores presididos por Martín Rodríguez por ser quen de mimar esa semente, coidala e regala para dar en se unha adega cuxas instalacións son a clave para transformar a uva dos nosos socios nun viño que preserva toda a calidade da materia prima.

Nestes dez anos, despois daquela primeira vendima, os socios e traballadores da adega Paco & Lola continuamos usando a ilusión, a paixón, o saber facer e a experiencia como combustible para ser quen de mellorar e crecer no día a día.

O X Aniversario da Construción da Adega non puido ter mellor regalo ao anhelo de mellora constante como o premio outorgado no mes de xullo pola Consellería do Medio Rural, recoñecendo ao Albariño Paco & Lola como O Mellor Viño Branco de Galicia.

Por outros dez anos máis que, como dicía Gardel, «Que veinte años no son nada».

Co gallo da celebración do décimo aniversario da entidade