Trinta anos de música

La Voz

AROUSA

MARTINA MISER

A agrupación musical Santa Plácida, de Rubiáns está de cumpreanos

24 nov 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

A agrupación musical Santa Plácida, de Rubiáns, cumpre este ano trinta de vida. Por esa razón decidiron facer unha boa festa. Así que mañá sábado, as 21.30 horas, no centro social de Rubiáns haberá un concerto de Os Perucos de Rianxo. E o 3 de decembro, ás 19 horas, volverá sonar a música con Aires da terra, o legado de Feijoo.