Julio Rey ofrece outra notable actuación con Galicia, con Pazos saíndo do banquiño

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

OPA RACING

cesar toimil

O 8 de decembro agarda a primeira fase da Copa das Rexións Uefa.

23 nov 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

A selección galega de fútbol afeccionado venceu na tarde de onte 0-1 o Racing de Ferrol, con gol do futbolista do Somozas Jacobo. Un partido no que xogaron todos os convocados polo responsable do combinado galaico. Entre eles, os arousista Julio Rey e Javi Pazos.

O mediapunta vilagarcián saíu nun once de cara composto ademais por Rodri, Pacheco, Aarón Rama, Rubén Comesaña, Iago, David García, Cañi, Juan Martínez, Róber e Escobar, con este último referente ofensivo por diante dun Julio Rey que, tras rematar como o home do derbi do pasado domingo entre o Céltiga e o Arousa (0-3), volveu asinar unha notable actuación.

Tamén deixou notas de calidade Javi Pazos. No seu caso, na última media hora dun encontro co Racing de Ferrol con dúas partes de 40 minutos cada unha, na que tivo unha grande ocasión para bater o porteiro ferrolán, meténdolle tamén un gran pase de gol a Álex Ares que o dianteiro do Compos non deu culminado con premio. O 8 de decembro agarda a primeira fase da Copa das Rexións Uefa.