Aberto o prazo de inscrición na Lanzada Ocean Race

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

RAMON LEIRO

Os interesados poden anotarse ata o 4 de decembro, cun primeiro prazo con prezo reducido

25 oct 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

O Sipre Surfski Center Náutico Portonovo abríu o prazo de inscrición na Lanzada Ocean Race 2017. A proba con vocación internacional que este ano se disputará o 9 e o 10 de decembro no areal compartido polos concellos de Sanxenxo e do Grove.

Baixo o regulamento FIC-Ocean Racing, para embarcacións de surfski 1-2, OC1 e SUP-Race, a cita contará cun percorrido de 15 quilómetros para os dous primeiros tipos de barcos, e de 7 para o último.

Os interesados teñen a opción de anotarse ata o 10 de novembro por 10 euros, e por 15 entre o día 11 do vindeiro mes e ata o 4 de decembro, no que se pechará o prazo para poder inscribirse na cita.

O organizador da proba, o Surfski Center Náutico Portonovo, conta coa colaboración do Concello de Sanxenxo, do Concello do Grove, da agrupación de protección civl do municipio meco, da firma Tartaruga Surf, da Federación Galega de Piragüismo e de Sipre LDA.

 

Triunfo de Perucho

Será a cuarta edición da Lanzada Ocean Race, que no 2016 reunía, tamén a comezos de decembro, a preto dun cento de regatistas. Co campión olímpico no K-2 500 de Pekín 2008 o cangués Carlos Pérez, Perucho, impoñéndose na categoría master ao termo dos 15 quilómetros da distancia raíña, e con Carlos Besada facendo o propio na modalidade de Paddel Surf.