«Houbo aletargamento, pero a besta asoma os dentes»

Carlos Crespo

AROUSA

Alberto Lora

Dakidarría ofrecerán mañá un concerto en acústico no Con do Moucho da Illa

05 may 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Veñen de actuar hai uns días no Viña Rock diante de 40.000 persoas. Pero o que propoñen para mañá na Illa é radicalmente distinto. «Máis que un acústico é un set de taberna no que estamos moi cerca do público e adaptamos as cancións a como si estiveramos cos colegas nunha fogueira na noite de San Xoán. Iso si, ao final estes conciertos adoitan acabar tamén con todos nós mesturados entre a xente, cantando, bailando bebendo e brindando».

-Tedes cancións en castelán e en galego. ¿Son recibidas de igual xeito cando saídes fóra?

-É curioso. As cancións nosas que máis se corean fóra de Galicia son en galego. Penso que agora mesmo ao público faille máis ilusión escoitar sonoridades novas.

-¿Nalgún momento pensáchedes en traducir as cancións daqueles primeiros discos?

-Non, xa quedan así. Reflicten un momento da da banda e a realidade do país. Nós fomos educados en español e cando cambiamos de idioma foi por activismo. Se estabamos cantando contra un sistema globalizado tiñamos que facelo na lingua oprimida do noso pobo.

-¿É hoxe a música o principal instrumento de concienciación e axitación para a mocidade?

-Non sei se o principal pero é un dos máis grandes. Sempre o foi. É unha forma moi amena de recibir información e está claro que o que dicimos as bandas pode axudar a crear conciencia nas xeracións que empezan a asomar.

-Vós cantádeslle á «mocidade activa» pero ¿non tedes a sensación de que cada vez o é menos?

-Precisamente por iso hai que cantarlles cada vez máis alto. Mentres quede algo de resistencia hai que facer ruido e utilizar os altavoces para que a mensaxce se mutiplique. E pode que si, que esteamos en épocas baixas, nun momento moi duro, pero estamos. E mentres esteamos apretaremos os dentes. Eu xa estou vendo a unha nova xeración que veñen con moita raiba e enerxía e iso faime ser optimista. Houbo uns anos de letargo que pero xa se lle volven a ver os dentes á besta.

-«Gota a gota somos mar», decides no voso novo tema.

-Hai que pensar así porque se non si que nos botamos a durmir, encendemos a tele, xogamos á vídeoconsola e acabouse. Pero non, nós seguimos orgullosos de ser ese pequeno reducto de resistencia.

-Tamén falades de dar a «voz de alarma». ¿Cal foi a que vos fixo saltar a vós?

-O primeiro ensaio de Dakidarría foi despois da catástrofe do Prestige. Eran anos de moita tensión nas rúas e aquilo impresionounos bastante. Pero a voz de alarma xa viña dada de antes. A min déronma meu pai e miña nai coas súas inquedanzas, as súas músicas e as historias que me contaban. En calquera caso neste tema cando falamos da voz de alarma referímonos as redes sociais. «Ide baixando da nube», di. Porque estamos moi mosqueados e indignados todos, si, pero no Facebook. Nós pedímoslles que baixen ao mundo real e lle prendan lume a algo para chamar a atención e cambiar isto.

-¿Queda algo ou alguén en que ou en quen confiar?

-Si, eu confío na personalidade de pobo, nas cousas pequenas, na xente que traballa de raíz, confío na política de rúa... Confío moito. Maila que as veces pareza que o inimigo é tan grande que é inalcanzable realmente se damos catro pasos témolo aí