O Rasoeiro ve reducido o seu colchón de seguridade tras caer co Porriño

O triunfo do Lavadores sobre o Academia Octavio comprime a zona de perigo na Primeira Nacional


vilagarcía / la voz

Ao Calmear Rasoeiro torcéuselle a vixésimo cuarta xornada da Primeira Nacional. Cun partido do máis complicado que os homes e compañeiros de Kito Parada mesmo chegaron a pensar en gañar para rematar caendo 23-27 co Construcciones Castro BM Porriño. E cun terceiro resultado, o triunfo 35-28 do Vilatrade BM Lavadores sobre o Academia Octavio, que recurta de 5 a 3 puntos o colchón de seguridade do conxunto grovense sobre a zona de descenso. Un pozo no que hoxe tentan manterse a flote o Granitos Ibéricos, con 10 puntos, e o Academia Octavio, cos mesmos 12 co seu verdugo o pasado sábado.

Dun mal inicio (3-7, minuto 10), o Calmear pasou a igualar o seu choque o sábado co Porriño mediada a primeira parte, para chegar ao descanso 14-13 por diante. Os de Kito Parada mesmo ameazaron con irse no partido, cun 17-14 aos seis minutos da reanudación. Pero entón o Porriño púxose as pilas, e cun parcial de 0-6 aberto e pechado polo seu máximo goleador, Jorge Fontenla, pasou a controlar o choque a 20 minutos da conclusión (20-25), e xa non se relaxou.

 

Cara e cruz do Asmubal

Noutra orde de cousas, na Segunda Autonómica Masculina o Circuitos Galicia Asmubal dobregou 34-25 o Chapela, mentres que na liguiña de clasificación para a fase de ascenso na Primeira Autonómica Feminina o Teucro-Asmubal caeu 41-30 co Moaña

Votación
0 votos
Comentarios

O Rasoeiro ve reducido o seu colchón de seguridade tras caer co Porriño