O Rasoeiro cobre medio camiño cara a salvación co seu triunfo sobre o Octavio

Os de Kito Parada dispoñen agora de 5 puntos de colchón sobre a zona de descenso tras unha épica remontada liderada por Ángel na portería e por Moto con sete goles nos últimos 12 minutos de partido


vilagarcía / la voz

Extraordinario triunfo o colleitado o sábado no Novo Monte da Vila polo Rasoeiro sobre o Academia Octavio, 26-24. Extraordinario pola épica do conseguido polos compañeiros e homes de Kito Parada, que no minuto 40 perdían 14-18. E polo valor multiplicador dos 2 puntos en xogo, fronte a un rival directo pola permanencia, agora 3 puntos por debaixo, e con 5 de colchón respecto á zona de descenso cando xa só quedan 16 por disputar.

O Calmear Rasoeiro saíu moi metido nos tres primeiros minutos de partido, 4-1. Pero ao cadro grovense custoulle adaptarse ao endurecemento da defensa do Octavio, cos árbitros moi permisivos cos contactos diante das dúas porterías, e no minuto 22 víase catro abaixo, 7-11. Ao descanso, 12-15.

Chegados ao 14-18, os de Kito Parada conseguiron axustar a súa defensa mixta ideada para anular o segundo máximo goleador da Liga, o central serbio Strahinja Simic, autor ata entón de 7 goles. Do minuto 40 ao 60 só asinaría catro máis, dos seis que marcaría o seu equipo. Con Ángel blindando a portería local nove minutos, do 44 ao 53, mentres no lado oposto da cancha Álvaro Iglesias, Moto, protagonizaba un festival ofensivo anotando sete tantos (para un total de once) en nove minutos; todos os que subiron ao marcador do Rasu entre o 19-20 e un 25-22 que a tres minutos da conclusión alfombraba o triunfo meco.

 Con esta vitoria Parada considera que «con 2 puntos máis case nos debera chegar para a permanencia». Co Lavadores e co Carballal, ocupantes das dúas prazas de descenso, tendo que pasar polo Grove.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

O Rasoeiro cobre medio camiño cara a salvación co seu triunfo sobre o Octavio