Novo poemario de Franco Grande

La Voz

AROUSA

Oscar Vazquez

Hoxe preséntase «Libro das abandonadas» en Vigo

07 mar 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Ás 20.30 horas, na sala de conferencias da sede Afundación (Policarpo Sanz 26), en Vigo, comezará o acto de presentación do novo título de Teófilo Edicións Libro das abandonadas, de Xosé Luis Franco Grande, membro da Real Academia Galega e Premio Nacional de Literatura. O autor estará acompañado por Xesús Alonso Montero, presidente da RAG, e polo editor José Luis Teófilo Piñeiro. O libro aborda tres tipos de mulleres abandonadas. O primeiro, «as que Rosalía chamou viúvas de vivos. Eran aquelas mulleres que quedan ao fronte da familia cando o seu home emigra», explica o autor. O segundo, as mulleres abandonadas polo seu amante. O terceiro, as que nacen en orfandade e descoñecen a súa orixe.