O Calmear Rasoeiro xógase esta tarde a tranquilidade fronte ao Academia Octavio

Os de Kito Parada reciben o conxunto situado inmediatamente por debaixo deles na zona de perigo da Primeira Nacional


vilagarcía / la voz

Os cálculos do xogador/adestrador do Calmear Rasoeiro, Kito Parada, son simples. Ao equipo meco bástalle con gañar un de cada tres dos nove partidos que lle restan de Liga na Primeira Nacional para repetir a ata agora única experiencia do club na categoría de bronce do balonmán masculino español. Claro que Parada non fala de tres partidos calquera, senón dos que o Rasu debe xogar no Monte da Vila fronte aos tres únicos equipos que ata hoxe vía por debaixo na clasificación.

Esta tarde (18 horas) toca un deses enfrontamentos directos claves para a supervivencia do Calmear na Primeira Nacional. Se cadra o partido máis importante, por canto o rival, o Academia Octavio, é o antepenúltimo a 1 só punto do plantel grovense. Gañar, pois, daríalles unha tremenda tranquilidade aos de Kito Parada para encarar o derradeiro cuarto da competición; no mesmo grao que perder xeraría unha sensación de inseguridade ante a dureza do calendario inmediato que terá por diante o Calmear. Na primeira volta a vitoria, contundente, foi para o Academia Octavio, 36-25.

 

 

Feminino e Segunda Galega

O equipo sénior feminino do Rasoeiro, o Meloxeira, visitará mañá o Lucus Apetéceme, o pechacancelas da liguiña de permanencia na Primeira Autonómica. O Teucro-Asmubal, pola súa parte, perseguirá, tamén mañá e a domicilio, o seu primeiro triunfo na liguiña de clasificación para a fase de ascenso a División de Honra B ante o outro único equipo sen gañar ata hoxe, o Caselas. O Asmubal da Segunda Autonómica Masculina xoga hoxe (18.30) na cancha do segundo, o Moaña.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

O Calmear Rasoeiro xógase esta tarde a tranquilidade fronte ao Academia Octavio