«Provocar ten impacto inmediato pero tamén ten consecuencias»

A cidade de Pontevedra acolle o día 9 de marzo un curso para crear imaxes impactantes


pontevedra / la voz

José Luis Taboada (Barakaldo, 1966) é o asesor tecnolóxico de SmartPeme en Exposalnés, onde imparte, entroutros, o curso Deseña sinxelamente imaxes impactantes e profesionais.

-¿Como se consegue ese deseño «sinxelamente»?

-O primeiro que ten que ter claro a empresa é a imaxe que quere transmitir porque, senón, teño claro cal son os valores que quero transmitir, porque ao final, unha imaxe de marca, un logotipo, o que sexa, o que necesita é ter como preferencia unhas sensacións. Ao final o que vendemos son sensacións e emocións que vai transmitir a nosa marca. ¿En que segmento? Naqueles nos que nos desenvolvamos. Se vemos Cocacola, momentos de felicidade, se vemos Ikea, o que ocorre arredor dos mobles. Así que o primeiro que temos que ter claro é que queremos transmitir, e unha vez que o teñamos, valoro que as empresa teñan os contidos que sexan virais, o que o seu segmento de mercado está demandando. E unha vez temos claro os obxectivos e mensaxes e definida a audiencia, o seguinte son as ferramentas para crear esa maxia. As imaxes impactantes son aquelas moi visuais -un menú con imaxes dos pratos e un prezo chamativo- e conséguense empregando ferramentas de creatividade, como un banner impactante na túa sinatura do teu correo electrónico, ou un logotipo cunhas imaxes que cando o usuario as toca o leva a seccións diferentes. Queremos que a audiencia vaia onde nós queremos transmitir unha mensaxe: ofertas, novos produtos, etc. Usamos a notoriedade, que é poñer o foco no noso escaparate, a páxina web principal.

-¿É doado ver a liña que separa o impactante do mal gusto?

-Si, temos que ter claro que as empresas empezan a xerar unha imaxe de marca que parte de elixir a tipografía e as cores, pero o mal gusto non. Unha empresa pon, como se fose en forma de aneles, valores arredor da marca. Cando imos comprar un iPhone, ¿que atopamos? Luxo, exclusividade, tecnoloxía. Xamais veremos unha imaxe dun móbil diferente a un iPhone cun barco de luxo. A xente está esperando ao seguinte modelo a ver que trae. Conquistamos a través da calidade. Non podemos ter unha imaxe impactante se despois a calidade é mala. A imaxe xera inquietude e sensación de necesidade e de sentimentos, e despois que interactúen. Temos que programar moi ben os contidos no tempo.

-¿Caemos con frecuencia?

-Si, ás veces buscamos provocación, pero sempre hai que ter unha elegancia. Provocar, si, ten un impacto moi inmediato nun sentido ou outro, pero tamén ten consecuencias. Se quero crear unha estabilidade na miña audiencia teño que crear sensacións que eles persigan.

-¿Cal serían as consecuencias?

-Que provoquei un escándalo, atraín o foco sobre min, pero non hai continuidade de marca.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

«Provocar ten impacto inmediato pero tamén ten consecuencias»