A falta de fondo físico condena o Rasoeiro na súa estrea

O conxunto meco perdeu toda opción cun parcial en contra de 4-0 do Teucro B á volta do descanso

La Voz

A impresión previa de Kito Parada resultou do máis acertada. O Teucro B, compañeiro de ascenso á Primeira Nacional, non era nin de lonxe o equipo que máis lle interesaba ao cadro meco no seu histórico debú na categoría de bronce do balonmán español. Con medio cento de sesións de traballo do filial pontevedrés dándolle á calidade dos seus efectivos unha ou dúas marchas máis cós homes e compañeiros de Kito Parada, con tan só unha ducia de adestramentos ao completo este verán, e tendo que ultimar a súa preparación cun porteiro cadete nas tres semanas precedentes ao choque do pasado sábado.

O Rasoeiro resistíu a primeira metade, que rematou tres abaixo, 17-14, para claudicar tras o parcial de 4-0 de saída do Teucro B á volta de vestiarios nos cinco primeiros minutos da reanudación.

«Temos que traballar moito, sobre todo a eficacia no lanzamento dos extremos», comenta o adestrador do Rasu, que confía en comezar a mellorar xa o rendemento ao poder traballar por fin co plantel ao completo.

Resultado cada 5 minutos: 4-3, 7-5, 10-8, 12-11, 14-12, 17-14 (resultado ao descanso); 22-15, 24-18, 28-20, 29-21, 33-26 e 36-28.

Árbitros e exclusións: Sinaláronlles 8 exclusións ao Teucro B e outras tantas ao Rasoeiro. Descualificaron por tres exclusións ao local Tomás Gehrhardt (min 44) e ao visitante Iago (min 48).

Felipe (4), Aser, Pumar (5), Tarrío, Carlos Gehrhardt (6), Sergio, Lorenzo, Héctor, Ameijeiras, Arón (3), David Rey (2), Garrido (8), Tomás Gehrhardt, Novo (3), Pedreira (2) e Garrido (3)

Ángel, Iago (3), Bruno (2), Rodrigo, Ignacio, Álvaro (5), Sergio, Kito Parada (3), Alberto (3), Borja (5), Henrique, Mouco, Fernando Rey (7) e Adrián

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos

A falta de fondo físico condena o Rasoeiro na súa estrea