A catro croata Davorka Balic pecha o plantel do Cortegada

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

Procedente do ADBA de Avilés, promediou 15,5 puntos e 3,6 rebotes a tempada pasada, e pode xogar tamén de aleiro

06 sep 2016 . Actualizado a las 21:08 h.

Rubén Domínguez vía onte completado o seu plantel coa confirmación da fichaxe da á-pívot croata Davorka Balic. Unha xogadora de 28 anos, 184 centímetros e ampla experiencia en equipos do seu país -Mursa, Sibenik Jolly, Zadar, Split- que no 2014 probaba en Francia, no Le Havre, para xogar posteriormente no Alviks Basket e debutar no baloncesto feminino español no ADBA a pasada tempada, onde promediou 15,5 puntos e 3,6 rebotes.

De Balic Domínguez salienta a súa «muy buena técnica, tanto en el bote como atacando», e unha versatilidade que lle permite xogar de aleiro e de á-pívot, coma Vandell Andrade. A base estremeña Belén Mejías completa o trío de fichaxes do Cortegada, que esta tempada contará con oito séniores.