Vitoria de Veloso no Circuito da Malveira, a quinta do 2016

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

nuno veiga efe

O ciclista agardou á antepenúltima volta para o seu ataque

23 ago 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Gustavo César Veloso apura o seu derradeiro mes e medio e competición. E faino coa mesma fame de vitorias que o caracterizan desde o seu inicio no ciclismo. O domingo, atravesando o primeiro a liña de meta do Circuito da Malveira. Unha carreira de 35 voltas a un trazado de quilómetro e medio picando en alto nun dos seus segmentos, e no que o vilagarcián do W52-F.C. Porto saltou na terceira volta nun grupo de oito unidades.

A falta de oito voltas para a conclusión comezaron as hostilidades entre os fuxidos, que aventaxaban nalgo menos dun minuto ao pelotón perseguidor. Veloso agardou ata a antepenúltima volta para o seu ataque, chegando só a meta con 12 segundos de vantaxe sobre Valter Pereira, do Tavira, e Jesús Corrochano, do Burgos BH.

Co do domingo son cinco os triunfos de etapa de Gustavo César no 2016, tres deles nunha Volta a Portugal na que rematou segundo despois de que circunstancias da carreira obrigaran o vilagarcián a defender a defensa do liderado por sorpresa do seu compañeiro Rui Vinhas.