A actividade desenvolveráse do 4 ao 9 de xullo, e do 11 ao 15 no campo Manuel Jiménez e no Club de Tenis O Rial
03 may 2016 . Actualizado a las 05:05 h.A quinta edición do Campus Internacional de Fútbol Pablo Coira abría onte o seu prazo de inscrición avalada polos máis de 800 alumnos cos que leva contado na súa inda breve historia, pero tamén pola Spansish Soccer School. A academia de formación de Dubai na que traballa o propio Pablo Coira, e que vén de fixar o campus vilagarcián como actividade oficial da academia, ofertándoo como parte dos seus programas internacionais, explican desde a organización.
De novo desde o Pablo Coira apóstase por dous campus. O primeiro, do 4 ao 9 de xullo, xenérico, con horarios de 10 a 19.30 de luns a venres, e na mañá do sábado. E do 11 ao 15 de xullo, un segundo segmento, específico, que traballará cos alumnos en función da demarcación no campo que queiran mellorar. Pódese asistir a un ou aos dous.
Os interesados teñen ata o 20 de maio para facer unha inscrición a custe reducido. Poden anotarse vía online a través da páxina web www.pablocoira.com, onde figura toda a información sobre prezos, coberturas e facilidades de pagamento, ou ben nas instalacións do Club de Tenis O Rial, colaborador un ano máis do campus.