O Rasoeiro saca adiante un duro partido en Ourense

vilagarcía / la voz

AROUSA

Impúxose 27-29 ao Pabellón e continúa firme camiño da fase de ascenso

02 feb 2016 . Actualizado a las 05:05 h.

Contaban coa dureza do encontro. Non en van, o Pabellón Ourense fora, na primera volta, o único conxunto quen de derrotalo á marxe do líder, un Teucro B que se puxo á fronte da clasificación da Primeira Autonómica precisamente na derradeira xornada da primeira volta en duelo directo co cadro meco. E tal e como marcaba o guion, os homes de Kito Parada tiveron que aplicarse a fondo para sacar adiante a súa visita á cancha ourensá, cun 27-29 final.

O Rasoeiro sustentou o seu triunfo nun brillante final de primera parte e arrinque de segunda. Tras ir por detrás nos 20 minutos iniciais, con ata 3 tantos de desvantaxe, os de Parada empataron o choque no 25 e xa o dominaban ao descanso, 14-16. Despois tocou manter o pé no acelerador ata o final para non verse sorprendidos por un bo rival.

Pola súa banda, o Circuitos Galicia Asmubal caeu 25-21 co Balonmán Tui, e continúa na zona baixa da táboa da Segunda Autonómica, antepenúltimo con 6 puntos en dez partidos.