O Rasoeiro xa é líder en solitario da Primeira Galega

vilagarcía / la voz

AROUSA

Aproveitou o empate entre o Camariñas e o Teucro B coa súa vitoria sobre o Seis do Nadal

22 dic 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

Doce despedida de ano a do Rasoeiro de Quito Parada. O equipo revelación da Primeira Autonómica Masculina cumpríu co seu papel de favorito ante o Seis do Nadal, 35-24, e atopouse co resultado soñado no duelo que enfrontaba os seus dous rivais no alto da táboa, o Camariñas e o Teucro B. O 32-32 por ambos asinado na Costa da Morte desfixo o empate no alto da táboa, deixando o Rasu líder en solitario con 16 puntos de 18 posibles, e os seus agora inmediatos perseguidores un punto por debaixo. Xusto cando a Liga para todo un mes, ata o 17 de xaneiro.

O Meloxeira Rasoeiro tamén venceu, 24-21 ao Campus Ourense, encadeando o seu quinto triunfo na Primeira Autonómica Feminina e consolidándose na cuarta praza da táboa.

Pola súa banda, o Asmubal caeu 24-25 coa S.A.R. B e pecha o 2015 noveno da 2ª. Masculina.