«Queremos cambiar a parada para O Corgo porque aquí hai moito tráfico»

m.a. o grove / la voz< / span>

AROUSA

25 nov 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

Explica o delegado dos taxistas do Grove que a súa asociación leva máis dun ano negociando co Concello para poder trasladar a parada instalada no cruce do guardia. Agora, todo parece indicar que a modificación será unha realidade en breve.

-¿Por que queren cambiar de parada?

-No verán para saír cara arriba dende onde estamos é imposible polo tráfico. Ademais, sempre nos aparcan en dobre fila. Abaixo, no Corgo, hai máis tranquilidade, menos tráficos e somos máis visibles de cara ao turismo. Tamén estamos ao lado dunha rotonda e podemos saír en calquera dirección.

-¿Que lle falta para facerse o cambio?

-Pedimos que nos instalen unha marquesiña para poder estar máis abrigados. E tamén para que a xente que ten que esperar por nós teña un sitio onde resgardarse. Está pendente da autorización de Portos.