Cen anos de poemas con «Vento Mareiro»

Maruxa Alfonso Laya
m. alfonso CAMBADOS / LA VOZ

AROUSA

Os actos para festexar o centenario de «Vento Mareiro» tiveron lugar no auditorio da Xuventude.
Os actos para festexar o centenario de «Vento Mareiro» tiveron lugar no auditorio da Xuventude. m. irago< / span>

A Real Academia festexou en Cambados o aniversario da súa publicación

15 nov 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

Foi no 1915, na Habana, onde por primeira vez viron a luz os poemas de Vento Mareiro. Cen anos despois, a vila natal do autor destes versos, o ilustre Ramón Cabanillas, vestiuse de gala para renderlle toda unha homenaxe. Na mesma non faltou nin a mesmísima Real Academia Galega, á que pertenceu o autor. O presidente desta entidade, Xesús Alonso Montero, foi o encargado de inaugurar un acto no que non faltaron ni a música en directo, nin os versos, nin as charlas de distintos académicos sobre o poeta da raza. Con este acto quíxose poñer o punto e final a unha serie de actividades destinadas a festexar os cen anos deste poemario. E, unha vez máis, Cabanillas conseguiu traer á Real Academia á súa vila natal.