O Xuven repetirá unha Liga de 15 equipos, con Marín

vilagarcía / l.a voz

AROUSA

A Federación Española accede finalmente á inscrición do conxunto lerezano e mais do Fuenlabrada Getafe

29 jul 2015 . Actualizado a las 05:05 h.

A Federación Española de Baloncesto confirmou onte que dá o seu prace á inscrición dos equipos Marín PeixeGalego e Fuenlabrada Getafe na Liga LEB Prata 2015/16. Os dous conxuntos que quedaban pendentes de subsanar os erros ou as insuficiencias detectadas pola Comisión Técnica da categoría, e ante as que se lles condederon a ambos clubs unha segunda prórroga a fin de manter a Liga en quince equipos e non retroceder aos trece de dúas campañas atrás.

Deste xeito o Xuven repetirá o número de rivais e o formato do exercicio 2014/15, no que con quince participantes tocaba unha xornada de descanso por volta, desvirtuando a clasificación semanal ata a conclusión de cada media tempada.

Hoxe coñeceráse o calendario da Liga, nun bombo no que entran catro filiais ACB, o F.C. Barcelona B, El Olivar (CAI), Clínicas Rincón (Unicaja) e Fuenlabrada Getafe; e tamén dous clubs con pasado na ACB, o C.B. Granada e mais o Lucentum Alacante.