O choque cun barco italiano ponlles hoxe aos Paz o Grupo Ouro moi complicado

vilagarcía / la voz

AROUSA

Os irmáns vilagarciáns inician a derradeira xornada de clasificación do Campionato de Europa obrigados a remontar 23 puntos

09 jul 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

Como na xornada inagural, Carlos e Antón Paz viron onte como o traballo do día no Campionato de Europa de 49er se lles ía pola borda na derradeira manga do día en augas de Porto. Logo de facer un posto doce e un once nas dúas primeiras saídas ao mar, a tripulación do Paz Sailing Team avanzanba novena na terceira e última ata que un barco italiano provocou o seu emborcamento. O problema é que a parella transalpina se autopenalizou, co que tirando de regulamento a organización concluíu unha retirada no casilleiro de puntos dos vilagarciáns. Ou o que é o mesmo, sumoulles un posto 28, que entra como descarte, obrigando a recuperar o 19 do peche da xornada do martes.

Así, de poder figurar vixésimo oitavos agora os Paz aparecen na praza 40.ª da xeral provisional con 74 puntos, a 23 do vixésimo quinto que marca o corte para o Grupo Ouro ao termo das tres mangas programadas para hoxe. Tres mangas nas que deberán estar practicamente perfectos.