As voces de 350 nenos e nenas de toda Galicia puxeron onte o punto final á terceira edición do programa «No bico un cantar», un programa que pretende achegar aos mozos a obra dos grandes poetas galegos utilizando unha ferramenta ideal para elo: a música.

Desta volta, o autor homenaxeado era Ramón Cabanillas. Así que non había mellor lugar no mundo para celebrar o concerto que a praza de Fefiñáns, o emblema da vila na que naceu o poeta da raza. Rapaces chegados de A coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Santiago, Pontevedra e Vigo, canda os alumnos da escola de música cambadesa, cantaron varios dos poemas de Cabanillas. O acto estivo presidido polo vicepresidente do Consello da Cultura Galega, Francisco Días-Fierros, o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e o alcalde da vila, Luis Aragunde.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos

«No bico un cantar» enche Fefiñáns de música e poesía