Menu La Voz de Galicia Inicia sesión Mi cuenta OFERTA DE VERANO3€/mes durante 3 meses Suscríbete Cerrar A factoría musical de Josito Porto subsiste adecuadamente La Voz AROUSA O músico e actor vilagarcián actúa mañá na Illa formando dúo con Sabela Dacal 10 abr 2015 . Actualizado a las 05:00 h. Whatsapp Mail Facebook Twitter ? Cando hai pouco máis dun ano Josito Porto batizou como Factoría de Subsistencia o seu proyecto musical xa deixaba ben ás claras cales eran os seus obxectivos e intencións. Facer música e cancións sen demasiadas pretensións. «A básica é que nos paguen cando actuamos», di Regístrate gratis y recibe cada mañana en tu correo las principales noticias del día REGISTRARME Neste tempo a factoría musical do músico e actor vilagarcián foi evolucionando, deixándose ver e escoitar e sementando aquí e acolá. Agora agroman xa os primeiros froitos no só en forma de sucesión de concertos senón tamén dun primeiro disco que posiblemente vexa a luz a finais deste mesmo mes. Cerca da túa orella titularase e incluirá oito temas propios e unha versión da Neuroband de Manuel Seixas. O seguinte paso, explica Josito Porto, será tratar de montar unha banda para presentalo.De momento, os concertos de Factoría de Subsistencia, como o que mañá ofrecerá no Con do Moucho da Illa, seguen sendo en formato de dúo, con Josito na guitarra e á voz e Sabela Dacal na acordeón e aos coros. E, como sempre tamén, ademais dunhas cancións que xurden do máis profundo das entrañas non faltarán improvisadas laretadas. «A pesudoteatralidade vai implícita. Vai no meu ADN». Archivado en: ADN Whatsapp Mail Facebook Twitter