O técnico letón Edgars Kuks súmase ao programa de baloncesto en inglés do CB

Vilagarcía / La Voz

DEPORTES

O club repite a fórmula de tres adestradores estranxeiros

27 ago 2014 . Actualizado a las 06:54 h.

Edgars Kuks vén de sumarse esta semana á familia do Club Baloncesto Vilagarcía. Concretamente, ao programa Basketball in English, que a entidade arousá decidíu continuar logo do éxito da primeira tempada dunha iniciativa que oferta a todos os rapaces da canteira rosa a posibilidade de aprender baloncesto en inglés. De feito, dous dos tres adestradores da primeira edición, o sueco Victor Holmberg e o letón Edgars Jaunzems, continuarán alomenos unha campaña máis nas filas do CB. O primeiro con equipos infantís, e o segundo con benxamíns.

Compatriota de Jaunzems, Edgars Kuks procede da estrutura do Valmiera de Letonia, un club co seu primeiro plantel na máxima categoría do seu país e un filial na de prata, ademais dunha canteira propia. A nova incorporación do corpo técnico do C.B. Vilagarcía levará nenos benxamíns e alevíns a partir do vindeiro luns, día fixado polo club para o inicio oficial da campaña 2014/15 dos seus 17 equipos, na que é unha cifra récord a piques de arrincar o cuarto ano do actual proxecto base rosa.

Kuks, que «no me lo pensé» cando se lle presentou a opción de venir aquí» e coñecer o baloncesto español, xa tivo a súa primeira aproximación á realidade do CB, asistindo o luns a un adestramento dalgúns dos nenos do club. E confesouse sorprendido polo seu nivel de xogo. «Me sorprende el estilo de juego de los chicos de aquí. Se mueven con velocidad e inteligencia en el campo. En Letonia los pequeños no se mueven tanto sin balón... es increíble lo listos que son jugando y estoy deseando ponerme a entrenar con ellos ya», informaron onte desde a entidade vilagarciá.

Noutra orde de cousas, a escola do CB comezará a traballar o vindeiro martes, aberta a calquera rapaz nado do 2007 ao 2010. Os interesados poden anotarse na web do club, ou en Moto Bazar.