O auditorio de Vilagarcía estrea unha exposición sobre Díaz Castro

La Voz

AROUSA

02 jul 2014 . Actualizado a las 20:32 h.

Nimbos de luz é o título da exposición sobre Xosé María Díaz Castro que se pode visitar durante todo o mes de xullo no corredor do auditorio municipal. A mostra promovida pola Consellería de Cultura da Xunta chega a Vilagarcía a través do Servizo de Normalización do Concello e nela, mediante 16 paneis e varios audiovisuais que se proxectan en dúas pantallas, recóllese a vida e a obra do polifacético autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas. O seu paso por Vilagarcía, onde exerceu como profesor no colexio León XIII durante anos, ten un espazo propio na exposición.

Mediante textos, fotografías, portadas de libros e revistas e mesmo documentos impresos e audiovisuais, a exposición Nimbos de luz repasa a vida e a obra de Díaz Castro cunha orde cronolóxica, abordando a súa poesía e lecturas.