Cambados fixo a tradicional ofrenda floral a Cabanillas

Vilagarcía / La Voz

AROUSA

cedida

O Concello conmemora con diversos actos a festividade das Letras Galegas

16 may 2014 . Actualizado a las 18:54 h.

O Concello de Cambados iniciou a programación central do Día das Letras Galegas que se celebra durante a fin de semana, de hoxe ata o domingo, con actividades «que amosan un esforzo pola cultura máis achegada á veciñanza», según explica o Concello. O paseo da Calzada acolleu este mediodía a xa tradicional ofrenda floral e poética a Ramón Cabanillas e mais a Xosé María Diaz Castro, escritor homenaxeado con motivo do Día das Letras Galegas. O alcalde, Luis Aragunde, xunto con Pitusa Cabanillas, neta do poeta, depositaron senllos ramos de flores diante do monumento da Calzada en presenza de centos de escolares dos colexios públicos cambadeses. Trala ofrenda floral, o grupo de gaitas Os Carballeiras entoou o himno do zntigo Reino de Galicia, e de seguido comezou o recital poético no que participaron todos os colexios e institutos cambadeses.

Na despedida do acto, Os Carballeiras interpretaron o Himno Galego. Finalmente tocaron outras pezas movidas do folclore galego que fixeron bailar a ducias de escolares e mestres concentrados no paseo da Calzada.

Este serán, ás 21.00 horas, no auditorio municipal da Xuventude, continúa a programación coa entrega do premio Ramón Cabanillas ó profesor Manuel Núñez por parte dos libreiros cambadeses.

Mañá, a Banda de Castrelo e Con de Xido

Para mañá, 17 de maio, está previsto o Concerto das Letras Galegas a cargo da Banda de Música de Castrelo, dirixida por Xaquín Xesteira. Pola tarde, ás 17.30 horas, celébrase o terceiro Encontro Cultural Vilariño 2014, no campo da festa desta parroquia. Ás 19.00horas, no auditorio municipal da Xuventude, Festival das Letras Galegas organizado pola Coral Polifónica de Cambados.

O domingo, 18 de maio, vaise desenvolver o Festival Folclórico Con de Xido coas actuacións dos Tranzantes de Tenorio, o Castro de Baión, Os Gatiños de Portonovo e a propia agrupación Con de Xido de Castrelo.

A próxima cita é o mércores, 28 de maio cando terá lugar a Mostra de Teatro Escolar. Os colexios que xa aseguraron a súa participación foron os da escola infantil A Pastora e CEIP Antonio Magariños, quedando pendentes de confirmacion outros dous centros.