Os meniños coñecen a biografía e a obra de Díaz Castro en Vilagarcía

Susana Luaña Louzao
Susana Luaña VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

MARTINA MISER

A compañía Maquinaria Teatro representou na biblioteca «Fala Xosé»

15 may 2014 . Actualizado a las 16:14 h.

A compañía Maquinaria Teatro representou esta mañá na biblioteca de Vilagarcía a función «Fala Xosé», unha adaptación da vida e da obra de Xosé María Díaz Castro (a quen se lle adica o Día das Letras Galegas), axeitada para os nenos de segundo de Primaria dos colexios participantes, A Escardia e o Anexo A Lomba. Co emprego de marionetas de papel e música, os nenos achegáronse á figura do poeta de Mondariz que pasou oito anos da súa vida en Vilagarcía como mestre do León XIII. Pola tarde está previsto un concerto no auditorio no que a gañadora do Eixo Atlántico, a violinista Elena Rodríguez, ofrecerá un repertorio acompañado ao piano por Javier Vila. A convocatoria, organizada tamén por mor das Letras Galegas, inclúe a lectura de poemas de Díaz Castro por parte da Mesa das Verbas.