O Liceo BBC abre a inscrición da MSL, a primeira liga de veteráns da zona

vilagarcía / la voz

DEPORTES

07 nov 2013 . Actualizado a las 06:50 h.

Anunciada hai unhas semanas como a maior novidade promovida polo BBC e a sección de baloncesto do Liceo Casino desde a súa fusión organizativa, a Master Senior League dá o seu primeiro paso efectivo coa apertura do prazo de inscrición na mesma, co 25 de novembro como derradeiro día de anotación.

O campionato, o primeiro de baloncesto veterán organizado en Arousa, está aberto a xogadores non federados a partir dos 30 anos, ou aqueles que os cumpran antes do 31 de decembro do 2013.

O 3x3, formato elixido

Os equipos, cun mínimo de 4 e cun máximo de 6 xogadores, competirán baixo o formato de 3x3, puidendo ser masculinos, femininos ou mixtos. Poderán anotarse conxuntos pechados e xogadores a título persoal que non atopen un número suficiente para facer plantel, que logo serán agrupados pola organización. Os partidos xogaránse en Fexdega os xoves de 20.30 a 22.30 horas.

O campionato desenvolveráse desde decembro ata xuño durante 6 meses, e contará cun campión mensual. O seu custe por xogador, 30 euros a primeira mensualidade -inclúe o pagamento do seguro que cubrirá a cada participante- e despois 15 cada 30 días. Os interesados poden inscribirse a través da web do Básket Base Club.