«Chamou Sardá para un ti a ti con Apeles na tele pero dixen que non»

AROUSA

MARTINA MISER

14 jul 2013 . Actualizado a las 06:59 h.

O seu carácter e a súa xuventude fan de Manuel Cachaldora (Rentería, 1968) un crego moi particular. Párroco de A Xunqueira e Fontecarmoa dende 1995, vén de cumprir 20 anos no sacerdocio. A cabesa, realmente, non para. Profesor de Relixión no instituto, consiliario dos Scouts Católicos, coordinador da Pascua Xoven... Imos ver como é un verán de cura.

-Moita calor estes días...

-Moita. Dende que estou na Xunqueira nunca durmira coa fiestra aberta.

-Coa sotana será terrible.

-Nin a uso nin a tiven nunca. De cando en vez, iso si, poño traxe de clérigo.

-¿E o pano que sempre leva? Moita xente pregúntase que é.

-Pois é un fular, nin máis nin menos. Gústame moito, pero non é algo estético. Algunha xente mesmo me ten preguntado porque cren que é unha especie de estola laica... Simplemente é que teño problemas de gorxa. Os amigos saben que me gustan, e algunha vez me traen un. Tamén as pulseiras O que nunca levei fun pendente. Nin deixei ningunha pendente para setembro, ou iso creo.

-Así ten sona de presumido.

-Para nada. Unha vez duchado e peiteado, non volvo mirar un espello en todo o día. Non sei de onde vén iso, como non sei de onde vén o de que teño cara de pillo. Houbo algún que pensou que non chegaba a un ano coma crego, e logo veume pedir desculpas. Aquí estamos.

-¿Vaille a vostede a praia?

-Gústame moito, pero vou moi pouco. Non teño tempo.

-¿E para escoller bañador? ¿Mellor un tipo bermudas ou outro máis cómodo para nadar?

-Home, moi longos non me gustan. Os bombachos non, mellor os normais. En realidade, os que me compran as miñas irmás. A meirande parte da roupa mércanma elas.

-¿Coñece Bascuas, por certo?

-¿Bascuas? Nunca fun, non a coñezo. ¿Onde está?

-En Sanxenxo. Frecuéntana xentes moi lixeiras de roupa.

-Nunca faría nudismo, non me gusta, son moi pudoroso.

-Algún pecadiño confesable haberá por aí...

-Gústanme moito os xeados. En Italia, con outro amigo seminarista, un día chegamos a comer seis cada un. Volvemos a Galicia e non era o mesmo, os italianos teñen outra textura. Ás veces, como teño problemas coa gorxa, mestúroo co café.

-Atribúeselle unha frase moi potente. Algo así como que había máis labor de evanxeo que facer nos pubs do río que en moitos templos. ¿É súa?

-Ao mellor puiden dicir que estou máis cómodo cun ateo co que se poida razoar que con alguén que sexa de misa diaria pero no fondo un hipócrita. Os cregos non temos que ter medo á vida, nin á noite. Eu a un pub vou divertirme, non evanxelizar. Tampouco apañar unha borracheira. Non teño medo a que a xente baile. Non ten que ser nada malo. O malo lévalo ti.

-Seica, tamén, que Sardá quería levao ao seu programa.

-Iso si é certo. Chamaron da produtora para a tele, para un ti a ti con Apeles. Deberon de oír que eu andaba polos pubs. Pero díxenlles que non. Non son un crego da movida, saio para divertirme. E non me gusta o alcol, nada de gintónics, mellor un cacaolat ou un zume.

-Home, o da misa será viño...

-Para consagrar, viño auténtico, de misa. Pero gústame máis unha clariña ca un rioja.

-¿Con quen tomaría esa clariña? ¿Con Tania, con Fajardo, con María Villaronga?

-Con calquera deles. Con Tania e Lino teño máis trato. E con Tomás [o alcalde de Vilagarcía], prepareille eu a confirmación.

-A todo isto, collerá vacacións.

-Temos dereito a quince días, ¿pero a quen lle deixas a parroquia? Se houbese máis curas poderiamos permutar, pero creo que este ano morreron xa quince e só se ordenou un.

-Difícil papeleta, logo.

-Dicía Einstein: non fagas sempre o mesmo se queres resultados distintos. Ser creativo.

manuel antonio couceiro cachaldora párroco de a xunqueira e fontecarmoa

Feria Medieval. Pontearnelas despide esta noche una nueva edición de su feria medieval.

Feria de productos hortícolas. El salón Peña acogerá, a partir del las doce y media, una exhibición de cocina.

Feira Labrega. Los vecinos recuperan hoy la feria de Mosteiro con representaciones de antiguos oficios.

Exposición en el auditorio. A partir de la una de la tarde se inaugurará la muestra de arte mexicano y gallego.

cuatro sorbos de...

TIEMPO DE VERANO

«Os cregos non temos que ter medo da noite nin de que a xente baile»