O BNG homenaxea aos seus militantes veteranos

María Santalla VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

MONICA IRAGO

O acto fíxose coincidir coa primeira festa comarcal que a formación organiza con motivo do Día da Patria

21 jul 2012 . Actualizado a las 06:52 h.

O parque Miguel Hernández foi o escenario elixido polo Bloque Nacionalista Galego para celebrar a primeira festa comarcal en Arousa, un acto no que quixeron brindar unha homenaxe aos seus militantes máis veteranos, tres homes que levan toda a vida, como lembrou o portavoz nacional da formación, Guillerme Vázquez, loitando por Galicia. José Pérez, Juan Fuentes e Valentín Rodríguez foron os tres homenaxeados nesta primeira celebración comarcal.

O responsable da formación preguntouse, á vista dos tres veteranos militantes, que «¿quen dixo que non había futuro para o nacionalismo?» e animou aos asistentes a encher as rúas o 25 de xullo ante «o desastre económico e social sen precedentes» que, ao seu xuízo, están provocando as medidas postas en marcha desde o Goberno central. Despois do acto, no que interviñeron tamén María Villaronga e Xoán Allegue, houbo un pincho.