Un parque arqueolóxico de arte rupestre para Vilagarcía e Caldas

A responsabilidade está en mans da Consellería de Educación e Cultura en colaboración cos dous concellos


Campo Lameiro, coa inauguración o pasado ano do Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre, é un referente para visitantes guiados polo interese pedagóxico ou turístico que se interesan por este tipo de propostas, entre o ámbito cultural, ou este xunto ao medioambiental, complementado coa creación de rotas para andar e aprender mentres camiñamos por espazos naturais preñados de historia. Grazas a isto, Campo Lameiro, é un destino turístico que aproveitou atinadamente todo o potencial que se pode tirar dunha correcta actuación sobre o patrimonio histórico, poñendo este ao servizo da economía local.

Vilagarcía e Caldas contan no monte Xiabre, próximo ao paraxe natural de Fontefría, contan cun valioso patrimonio arqueolóxico de Petróglifos e outras manifestacións da arte primitiva, con miles de anos de existencia, nunha superficie mesmo superior ao de Campo Lameiro. A súa valoración artística e científica débese a rigorosos estudos técnicos derivados da implantación no monte dun parque eólico de recente construción. A coincidencia no tempo desta iniciativa empresarial coa vaga de incendios que asolou este monte fixo ademais que este patrimonio tivese unha visibilidade pública que antes fora ocultada pola masa forestal. Por esta dobre coincidencia todos sabemos que aquí dispoñemos dun patrimonio desaproveitado; e mesmo maltratado por desinterese institucional. E preguntámonos se non sería posible a súa posta en valor para aproveitamento cultural e turístico como ten feito Campo Lameiro.

A resposta, e tamén a responsabilidade, está na máxima institución galega que debe velar polo noso patrimonio; isto é, na Dirección Xeral do Patrimonio dependente da Consellería de Educación e Cultura da Xunta, sen esquecer o papel dos concellos e entidades promotoras do turismo, que debe ir parello ao estudo e divulgación por parte das entidades universitarias e de investigación.

Hoxe, as toxeiras fan case imposible chegar a estes restos. Co tempo remataran por ocultalos. De non producirse unha reacción institucional que poña en valor este tesouro veremos reproducido o modelo que ocultou durante séculos as ruínas maias da América central ou os magníficos templos do imperio Xemer na Asia meridional ata que, como nestes casos, chegue o día en que xente intelixente sexa quen de valorar o potencial que ofrece, para a cultura e a economía local, un patrimonio desaproveitado.

unha proposta de intervención dende as institucións

Este patrimonio desaproveitado é un tesouro para a econonomía local e para a cultura

Exconcelleiro de Cultura en Vilagarcía

Newsletter Educación

Recibe todas las semanas la información más relevante sobre educación

Votación
0 votos

Un parque arqueolóxico de arte rupestre para Vilagarcía e Caldas