O multiusos de Catoira abriráse ao público en varias fases a partir do 25 de xullo

vilagarcía / la voz

AROUSA

12 jul 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

Os catoirenses poderán comezar a disfrutar do edificio multiusos de Fonte Gaiteira a partir do 25 de xullo. Alomenos, dunha pequena parte do mesmo. Concretamente, da súa sala de exposicións, lugar escollido pola Consellería de Cultura e de Turismo da Xunta para amosar ata o 5 de outubro unha das mostras máis ambiciosas do departamento autonómico desde que o dirixe o meañés Roberto Varela, centrada na figura histórica do arcebispo Diego Xelmírez.

A exposición, que durante o Xacobeo 2010 se paseou por París, por Roma e por Santiago, permitirá o acceso restrinxido dos veciños de Catoira ao gran proxecto do goberno local de Alberto García nos dous últimos mandatos, o pasado e o que arrincou o 22 de maio.

Con máis de 2 millóns de euros investidos, o multiusos vikingo entrará paulatinamente en servizo. Rematadas xa as obras do centro de día proxectado nunha parte das súas dependencias á espera de financiamento autonómico para a súa posta en funcionamento, a sala de exposicións será a seguinte zona do complexo de Fonte Gaiteira en quedar rematada, para converterse na primeira en entrar en servizo. Así o explicaba onte o rexedor catoirense, quen informou que a mencionada sala «está case acabada, só lle faltan catro cousas».

Alberto García eludíu referirse á apertura da sala de exposición como inauguración. «Utilizaráse por primeira vez. Pero non é unha inauguración», di.

Sobre o resto do multiusos, o alcalde lembrou que «temos todo o 2012 de prazo para rematar as obras», se ben adiantou que as súas previsións pasan «por finais deste ano ou comezos do seguinte». Coa sala de exposicións xa en funcionamento entón, a apertura do auditorio será a súa prioridade. A nivel administrativo, o actual consistorio evita urxencias á hora do traslado das oficinas centrais municipais.

Según los padres, este será el número de escolares. El último curso eran ocho

«Hai pais de alumnos que xa estudaron na escola», apunta José Carlos Goldar

Además de la de Abalo, en Catoira hai otras dos unitarias en A Baiuca y Dimo

6

35

3

Alumnos para el curso 11/12

Años de funcionamiento

Escuelas unitarias de Catoira