Os Ingleses será mañá o anfitrión na proba de apertura do Circuito de Rugby Seven de Galicia

la voz

Máis de 250 xogadores e unha ducia de equipos mediránse mañá no campo do estadio de atletismo de Fontecarmoa na primeira das seis citas do Circuito Galego de Rugbi a Sete. Unha modalidade que nos últimos anos experimentou unha expansión extraordinaria a nivel mundial, ratificada desde o Comité Olímpico Internacional coa súa escolla coma nova modalidade do programa oficial dos Xogos nas edicións do 2016, en Río de Janeiro, e do 2020. España é, na actualidade, a vixente campioa de Europa feminina e subcampioa masculina da modalidade irmá do tradicional rugbi a 15.

Ademais do equipo anfitrión, o Os Ingleses de Vilagarcía, en Fontecarmoa competirán os planteis A e B do Universidade de Vigo, o Mareantes de Pontevedra, o Ourense R.C., o C.R. Lalín, o Muralla de Lugo, o Fendetestas das Pontes, o C.R. Ferrol, o CRAT e o Zalaeta da Coruña, e o Gallaecius de Santiago de Compostela.

O programa de partidos comezará ás once da mañá, prevéndose as finais a partir das cinco da tarde. O Universidade de Vigo A parte como claro favorito a levarse o trofeo de campión do Circuito Galego, que ademais da cita arousá, contará alomenos con outras cinco concentracións en cidades con equipos participando no torneo. Os conxuntos irán sumando os puntos colleitados en cada una delas nunha clasificación que determinará o nome do campión.

Vilagarcía aspira ao título

Pese á teórica superioridade do cadro vigués, por tratarse do único club galego na máxima categoría do rugbi a 15 español, o CRAT e o Os Ingleses confían nas súas posibilidades como alternativas ao título, segundo sinalaban onte desde o club vilagacián.

Nos Ingleses comentan ademais que o Circuito Galego de Rugbi a Sete servirálle para preparar a fase previa das Series Nacionales da modalidade, nas que vai participar buscando praza na fase final do Campionato de España entre os 16 mellores conxuntos do estado. Con tal fin, o Os Ingleses reforzaráse con tres xogadores galegos de primeiro nivel.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos

Os Ingleses será mañá o anfitrión na proba de apertura do Circuito de Rugby Seven de Galicia