Vilagarcía acolle a asemblea nacional do Comité de Xuíces da Federación Española

La Voz VILAGARCÍA/LA VOZ.

AROUSA

15 ene 2011 . Actualizado a las 02:00 h.

Preto de 80 especialistas cítanse desde hoxe e ata mañá no auditorio de Vilagarcía na asemblea nacional do Comité de Xuíces da Real Federación Española de Vela. O encontro contará co Centro Galego de Vela do Cavadelo coma base para os asistentes.

En paralelo, o Liceo Casino de Vilagarcía organiza esta fin de semana a primeira regata clasificatoria da tempada para a clase Optimist.

O feito de tratarse do primeiro compromiso do ano explica a altísima inscrición, con máis de 110 embarcacións na frota que competirá en aguas arousás, procedenet de once clubs. O Náutico de Vigo, Náutico Carrumeiro, Real Club de Mar Aguete, Náutico de Portosín, Náutico Deportivo de Ribeira, Real Club Náutico da Coruña, Náutico de Oza, Náutico de Sada, Monte Real Club de Yates Baiona, Marítimo de Canido e Liceo Casino.

Entre os favoritos ao triunfo ao termo das seis regatas programadas pola organización figura o liceísta Adrián Domínguez Fajardo.