O Asmubal defende o liderado copeiro ante o Moaña

La Voz VILAGARCÍA/LA VOZ.

AROUSA

16 oct 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

O Balonmán Salnés-Asmubal Meaño recibe esta tarde ás oito o Moaña, na sexta xornada da Copa de Segunda e de Terceira Autonómica de balonmán. Logo de superar o pasado martes 17-29 o Carballiño, os homes de Pedro Pérez defenden o seu liderado na competición e unha serie impoluta de vitorias por partidos.

Logo de medirse os rivais máis asequibles, o Asmubal atópase nas catro derradeiras xornadas da fase regular da Copa cos adversarios máis duros, se ben o Moaña é quinto con só 4 puntos.