O BBC arrinca a súa escola de iniciación ao baloncesto

La Voz VILAGARCÍA/LA VOZ.

AROUSA

17 sep 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

O Basket Base Club (BBC) comeza este sábado as clases da súa escola de iniciación ao baloncesto. Unha iniciativa destinada a rapaces nacidos entre os anos 1999 e 2005, e coa que pretende ensanchar o número de practicantes do deporte da canastra na capital arousá.

A escola desenvolveráse durante o curso escolar os sábados, a partir das 10 horas no pavillón número 2 de Fontecarmoa, coa novidade este ano de que tamén haberá algunha outra sesión de traballo durante a semana. Os interesados só teñen que acercarse a Fontecarmoa o sábado.