Fernando Padín gaña o Torneo Albariño de Tenis de Mesa na categoría xuvenil

La Voz VILAGARCÍA/LA VOZ.

AROUSA

31 ago 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

Satisfeitos remataron o domingo os responsables do Cambados Tenis de Mesa coa actuación dos seus representantes no Torneo Albariño, organizado polo propio club local e disputado entre o sábado e o domingo no pavillón de Santo Tomé.

Fernando Padín, co seu título na categoría xuvenil masculina, encabezou os resultados do equipo local, que na xornada sabatina incluíron tamén o subcampionato de Martín Regueiro, en infantil masculino, e tres semifinalistas: Paula Padín e Andrea Chaves, en alevín feminino, e Ramón Padín, en veteráns de máis de 50.

O domingo, na xornada dedicada á categoría absoluta, a última fichaxe do Cambados T.M., Kazeem Ahmed, concluíu terceiro, tras perder tan só con Diogo Pinho 3-2. Shuai Lin foi o campión.