Unha Grande Chea propón trocar o nome da rúa Isabel II polo de rúa Benito Silva

Carolina Laya VILAGARCÍA/LA VOZ.

AROUSA

07 jul 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

A asociación cambadesa Unha Grande Chea (UGC) propón dende a súa páxina web que o Concello troque o nome da rúa Isabel II troque o seu nome polo de rúa Benito Silva, na memoria dunha personaxe moi coñecida para os cambadeses máis veteranos, pero tamén para aqueles que non o son tanto.

UGC alude a que moitos cambadeses coñecen a rúa Isabel II como a do Bar Silva, no que o vello Benito despachaba albariño. Co peche do bar a rúa pareceu morrer e so volveu recuperar ese ambiente que o caracterizaba grazas ao seu fillo, Xoán Silva que volveu abrir o Bar Silva ao lado do antigo bar do seu pai.