O Cambados TM parte entre os favoritos aos títulos no Campionato Galego Sub 23

La Voz VILAGARCÍA/LA VOZ.

AROUSA

08 may 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

Tres equipos do Cambados TM desprázanse esta fin de semana á cidade de Pontevedra para competir no Campionato Galego Sub 23 de Tenis de Mesa. Hoxe nas probas individuais e de dobres, e mañá domingo no cadro de equipos.

Na categoría masculina, o Establecimientos Otero-Xacobeo 2010 participa con Adrián Vidal, Eduardo Barreiro e Fernando Padín. Os tres con moitas opcións de loitar polos títulos individuais e de dobres, sendo os grandes favoritos a nivel de equipos para facerse co cetro autonómico.

O outro equipo do Cambados TM na cita pontevedresa está composto por Martín Regueiro, Tomás Carbajal e Pablo Regueiro. O trío acode ao Galego coa intención de facer un bo papel, pero sen aspirar aos primeiros postos.

Plantel feminino

No cadro feminino, o club cambadés compite da man de Cristina Barreiro, Raquel Martínez e Paula Padín. Como o segundo plantel masculino, as rapazas agardan asinar un bo campionato, pero sen marcarse ningún tipo de obxectivo.