Excelente actuación do Cambados TM no Provincial

La Voz

AROUSA

06 may 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

O Cambados TM acudíu o pasado domingo ao Campionato Provincial Escolar cun equipo alevín feminino e un infantil masculino.

O primeiro, integrado por Andrea e Mariña Chaves, impúxose na final ao Vincios. O infantil masculino rematou pola súa banda como subcampión provincial, cun dúo mixto formado por Martín Regueiro e Paula Padín. Esta última, incorporada pola baixa de última hora por enfermidade de Iván Lois e Rafael Vilas, tivo que xogar nunha categoría superior, gañando a case todos os seus rivais. Na final Regueiro e Padín perderon con Monteporreiro.