«O noso taller foi o primeiro que se montou en Noia, no ano 1953»

Rosa Gallardo

AROUSA

04 abr 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

Desde que era un neno, Manuel Martínez Somoza traballou co seu pai nun pequeno taller que este tiña en Noia. Foi así como empezou a forxarse na que hoxe é a súa profesión. Actualmente é xerente dun negocio de chapa e pintura. -¿Que lle ofrece aos seus clientes? -Aquí fanse reparacións de chapa e pintura empregando produtos de calidade.

-¿Cal é a súa ocupación habitual e o que máis lle gusta facer?

-Fago de todo, desde encargado ou xerente ata recadeiro, pero co que gozo realmente é chapeando. As pezas non sempre se meten novas e ás veces hai que chapear.

-¿Que traballo destacaría?

-Hai moitos, temos clientes afeccionados aos coches antigos, así que temos restaurado un Chevrolet do ano 27, un Seat 1500 do ano 70 e un Dodge do 60. O noso taller foi o primeiro que se montou en Noia, no ano 1953. Daquela facíanse as carrozarías dos coches. El traballaba xunto cos carpinteiros e tapiceiros que se encargaban das cabinas, incluso se fabricaban cabinas de autobuses. A fabricación de determinadas pezas que xa non se conseguen resulta moi entretida e interesante. -¿Gustaríalle que os seus fillos seguisen a tradición familiar? -Por suposto, encantaríame, pero penso que non será así.