O Establecimientos Otero, obrigado a superar o pechacancelas da División de Honra

La Voz

AROUSA

30 ene 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

Xornada crucial para as aspiracións de permanencia do Establecimientos Otero na División de Honra do tenis de mesa nacional. O conxunto cambadés recibe esta tarde ás seis no Pavillón de Santo Tomé o pechacancelas da categoría, o Igualada, sen máis opción ca vitoria. Junhui, Barreiro e Vidal teñen enfronte o nixeriano Kazeem Ahmed, Jordi Satorras e Lluis Graells.

Na Primeira Nacional, o Liceo Casino de Vilagarcía visitará mañá ás once o Lugauto Rábade, conxunto da zona media da clasificación, nun choque que o cadro arousán debería gañar con relativa claridade co liderado en mente. O Caixanova Cambados, pola súa banda, precisa superar o pechacancelas, o Cidade de Narón, para non complicarse a permanencia.

O Liceo Casino Sénior, xa virtualmente descendido, xoga hoxe na Segunda Nacional (17 horas) un novo partido de trámite, co CTM Coruña coma rival.

Polo que respecta á canteira do Cambados TM, este é o seu programa de partidos esta fin de semana: Caixa Galicia Cambados-Temegal (Primeira Nacional Feminina); Dez Portas Lugo-Grupo Barros; Joyería Enrique-SD Hípica; e Charol-Arteal (Primeira Galega); e Chinelas-Cinania (Terceira Galega).