Cambados, escenario do Campionato Galego Xuvenil de Tenis de Mesa

La Voz

AROUSA

16 ene 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

As promesas xuvenís do tenis de mesa galego cítanse esta fin de semana no pavillón cambadés de Santo Tomé no Campionato Autonómico da categoría. Unha cita na que se inscribiron 30 equipos masculinos e 12 femininos, que suman máis de cen palistas.

O Campionato arrinca hoxe ás nove e media da mañá coas probas por equipos. O Cambados TM participa con dous equipos masculinos e tres femininos, formados por: Eduardo Barreiro, Fernando Padín e Martín Regueiro, un dos favoritos ao título; Tomás Carbajal, Pablo Regueiro, Iván Lois e Rafael Vilas; Gemma Cores e Cristina Barreiro; Raquel Martínez e Paula Padín; e Andrea Chaves e Mariña Chaves. Os partidos se prolongarán ata as dúas da tarde, retomándose de 16 a 20 horas.

Co mesmo horario, mañá disputaránse os cadros individuais e de dobres. Eduardo Barreiro parte entre os candidatos ao título individual masculino, e ao de dobres con Fernando Padín.