Cortegada, Cambados TM e Arousana repártense 70.744 euros do plan de patrocinio do Xacobeo


A Agrupación Deportiva Cortegada, o Atlético Arousana e o Cambados Tenis de Mesa foron onte tres dos 51 clubs galegos que asinaron en Santiago o primeiro paquete de contratos de patrocinio de equipos de alta competición coa Secretaría Xeral para o Deporte e a Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo. O programa está dotado con 2,3 millóns de euros.

No Hostal dos Reis Católicos de Santiago de Compostela repartíronse onte 1,8 millóns de euros entre os equipos galegos que compiten en categorías de primeiro e de segundo nivel estatal, en deportes con ligas regulares e cun volume de desprazamentos frecuente fóra da comunidade.

A Agrupación Deportiva Cortegada foi a maior beneficiada das tres entidades arousás no reparto, con 34.123,77 euros de patrocinio. O Atlético Arousana recibíu pola súa banda 23.304,04 euros, mentres que o Cambados Tenis de Mesa ingresa do Xacobeo 13.316,59 euros. Nos tres casos, IVE incluído.

O programa autonómico naceu co dobre obxectivo de difundir a actividade e a imaxe fundacional do Xacobeo Galicia 2010 e da Comunidade Autónoma, ao tempo que promociona o deporte de alta competición do país.

Novo reparto á vista

Nos vindeiros meses do 2010 repartiránse os 500.000 euros restantes do plan entre os clubs que participen en competicións que non contan cun sistema regular de liga, caso do ciclismo, ou que comecen máis tarde a competir, coma o remo ou o piragüismo. Entre os beneficiarios agárdase un bo número de clubs arousáns.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos

Cortegada, Cambados TM e Arousana repártense 70.744 euros do plan de patrocinio do Xacobeo