Superar o Leka Enea, derradeiro reto do E. Otero no 2009


O Establecimientos Otero despide hoxe o 2009 na División de Honra do tenis de mesa español, recibindo o Leka Enea Irún ás seis da tarde no pavillón de Santo Tomé.

É este un encontro importante para o equipo cambadés, en tanto que un triunfo lle permitiría ampliar o seu colchón de seguridade respecto á zona de descenso.

O chinés Minhao Wu lidera o cadro vasco, que completa o seu plantel cos xogadores nacionais Íker Martínez, Endika Díez e Víctor Santamarta.

Na Primeira División Nacional tanto o Liceo Casino de Vilagarcía coma o Caixanova Cambados descansan esta xornada, para retomar o campionato coma o resto das competicións nacionais o 9 de xaneiro. O Liceo Casino Sénior, pola súa banda, pecha o 2009 cunha misión case imposible, superar esta tarde na capital arousá (17 horas) o segundo clasificado, o Club del Mar Promesas. Os liceístas son colistas da Segunda Nacional, e aínda non saben o que é puntuar.

O Caixa Galicia Cambados mediráse mañá ao Collosa de Valladolid, a partir das once e media da mañá no pavillón de Santo Tomé, en partido da Liga de Primeira División Nacional Feminina.

Xornada da canteira

Polo que respecta aos equipos da canteira do Cambados TM nas ligas galegas, estes son os seus derradeiros compromisos antes do parón navideño. Na Primeira División: Galmédica Ourense-Grupo Barros (hoxe, 17 horas); Joyería Enrique-AD Vincios Esypro (hoxe, 17 horas, Santo Tomé); Diario de Pontevedra-Charol (mañá, 11 horas); e Grupo Barros-Joyería Enrique (mañá, 11 horas, Santo Tomé). Na Terceira División, a xornada ofrece esta tarde no Grove un Mecos TM-Chinelas.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos

Superar o Leka Enea, derradeiro reto do E. Otero no 2009