«Ser profesora de gaita ten máis responsabilidade que ser alumna»

AROUSA

27 nov 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

Adriana Rivas ten 17 anos e leva tocando a gaita desde os oito, aínda que con seis aniños xa empezou coa frauta. Desde entón a súa vida xira arredor da música. Xa exerce de profesora de gaita co grupo Algueirada, é gaiteira solista na Banda de Música de Valga, recibe clases de requinta en Santiago a chegou a tempo para poder coller o bacharelato pola rama de artes escénicas, música e danza, que se imparte no instituto Antonio Fragua, de Compostela. A súa idea é poder vivir da música dun xeito ou doutro. De momento, xa vai polo seu sétimo premio. O último, o que gañou o sábado en Rianxo, con Jordi Castaño ao tambor.

-¿Ata onde quere chegar no mundo da gaita?

-A miña ilusión sería poder facer conservatorio de gaita, pero aínda me queda moito por estudar.

-¿Aspira a facer deste instrumento a súa profesión?

-Gustaríame poder estudar maxisterio musical para ser profesora de música e poder dar tamén algunha clase particular.

-¿Vese como unha Cristina Pato ou unha Susana Seivane?

-Non lle pecho as portas a nada, estaría ben.

-De momento xa está ensinando gaita a outros, ¿en que se sinte máis cómoda, de mestra ou de alumna?

-Ser profesora ten un pouco máis de risco porque ten máis responsabilidade que ser alumna, pero vaise levando.